ANALÍTICAS CONTROL LEITEIRO
27 / Enero / 2014
A cetose subclínica é una enfermidade metabólica que afecta a un grande número de vacas leiteiras. Se ben é subclínica, non presenta síntomas visibles, fai que se incremente a probalidade de padecer outras patoloxías como poden ser:
Estas enfermidades conlevan unha redución na produción de leite e na fertilidade, con importantes perdas económicas.
A cetose afecta principalmente as vacas en preparto ou postparto e o seu diagnóstico pode realizarse en sangue, en ouriños ou no leite.
O Ligal incorporou aos seus servizos esta análise, mediante a determinación de Beta Hidroxi Butirato, un dos corpos cetónicos máis representativos da cetose, que permite diagnosticar a cetose subclínica dun xeito fiable.
Logo duns meses nos que se ofertou este servizo a petición, a Xunta de Goberno de Africor Lugo considerou necesario incluir esta análitica dentro dos parámetros de Control leiteiro, para todas as explotacións, ao considerar que é unha ferramenta de manexo da explotación moi importante, permitindo previr e atallar en tempo os problemas que supón a cetose.
Dado que se trata dunha enfermidade que as vacas sofren principalmente despois do parto, as mostras a analizar van ser únicamente as de primeiro control. A selección de animais a analizar realízase en base ás inseminacións fecundantes.
INFORMACIÓN AO GANDEIRO
Dado que é unha información que precisa unha actuación pronta por parte do gandeiro, os resultados enviaranse o mesmo día da recepción dos resultados por SMS (teléfono móbil) aos gandeiros que están de alta no servizo mensaxes de Africor Lugo, indicando as vacas que resultaron positivas.
Posteriormente e unha vez procesada a información do restos das análises e dos datos recollidos na explotación enviarase un correo electrónico co informe mensual de control leiteiro. Neste informe índicase o valor de BHB (Beta Hidroxi Butirato) nas vacas analizadas.
No mes de xaneiro, incluirase tamén o valor de urea ás vacas ás que se lles analice cetose, entendendo que tamén é un parámetro importante a considerar na xestión da alimentación do gando.
Exemplo de informe mensual de Control leiteiro:
Podemos ver na columna UR o valor de urea para esa mostra e na seguinte columna BHB o valor de Betahidroxibutirato. O resultado aparece en negrita e suliñado nas vacas que se consideran en risco de cetose.
No exemplo temos dúas vacas de 1º control (NC=1), das que unha delas, Vilma, ten un valor elevado de BHB. Coincide que tamén ten un reconto celular alto.
A análitica de urea está dispoñible para os gandeiros que o desexen, a petición expresa, a partir do mes de febreiro.