AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

AFRICOR-LUGO obtén a Certificación ISO 9001:2000

23 / Mayo / 2007

  A empresa certificadora BM TRADA certificou que o sistema de xestión de calidade de Africor-Lugo cumpre con as esixencias da norma  ISO 9001:2000 quedando inscrita no rexistro de empresas certificadas para sistemas de calidade.

             O alcance da certificación abrange:

  • Control leiteiro
  • Testaxe de equipos de medición de leite
  • Trámite e envío de documentación ao Libro xenealóxico
  • Xestión de toma de mostras para probas de paternidade

 As vantaxes dunha certificación de calidade baséanse nas melloras na realización do servizo, ao ter un control sobre todos os procesos que forman parte na organización do servizo. A maiores trátase de transmitir aos clientes un compromiso coa calidade na xestión da Asociación.

 A aposta clara e decidida da Xunta de Goberno e a involucración dos traballadores na mellora da calidade do servizo, fixo que AFRICOR-LUGO sexa a primeira asociación de control leiteiro en España que acada a certificación de calidade ISO 9001-2000.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético