AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

ACTIVIDADES DOMINGO EN CHANTADA

27 / Octubre / 2008

Resultados da Poxa do domingo

 Vendéronse os seis animais presentados á poxa, catro vacas e dúas xovencas. A escasa oferta segue a ser a liña que marcan os mercados.

POXA DE GANDO FRISON

O prezo medio de remate foi de 2.270 €, partindo dos 1.800 € de saída. O animal que acadou o prezo máis alto foi a primeriza presentada pola gandería Outeiro, de Chantada, Outeiro September Dacota, que chegou aos 2.700 €, unha filla de September, parida de agosto, con nai cualificada MB 85. Os compradores viñeron de Sarria e A Pastoriza.

 Concurso de manexadores

CONCURSO MANEXADORES Na sección de 15 a 18 anos, Agueda Capón, de gandería Capón, quedou por diante do seu irmán Roi, namentras que Mirian Villaumbrales, de gandería Quintá, foi terceira.
CONCURSO MANEXADORES Na sección de 10 a 14 anos, David de la Torre, de gandería Tato, quedou por diante de Pablo Martín, de gandería Perrelos e de Marcos Osorio, de gandería Fontestriz.

A sección de ata 9 anos, tivo sete participantes, que como é de costume, premiáronse a todos por igual: Adrian González Moure, Andrés Vázquez García (Adolfo), Brais Pereira Areán      (José Luis), Jorge Vázquez Cuñarro, Laura López López (Cancela), Manuel Carballo López, Martín Gómez Vázquez (Outeiro)  
 
CONCURSO MANEXADORES

 MANEXADORES ADULTOS

 

En adultos, Iván López, de gandería Novelle, revalidou o seu título de Mellor Manexador, acadado na edición do 2007, por diante de Diego Cando, de gandería Cando e Santos, segundo e da asturiana Alba Álvarez, de gandería Silvela, que foi terceira.

 

 
CONCURSO MANEXADORES ADULTOS

 Entrega de premios

DIRECTOR XERAL DE PRODUCIÓN, INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIAEntre outras autoridades, estiveron presentes membros da corporación municipal do concello de Chantada, o alcalde de Chantada, o Presidente de Fefriga, o presidente de Africor Lugo, o presidente de ICOS, xunto co director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

A maiores dos premios aos campionatos, fíxose entrega á gandería Outeiro dunha placa en recoñecemento da súa participación en dez edicións do Concurso de Chantada, formando así parte de grupo de ganderías que ostenta este mérito: Perrelos, Basán Grande, German e Martín, Capón, Purutú, Perlada e Lagoa.

ENTREGA DE PREMIOS

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético