AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

1ª Poxa de Gando frisón de Alta Xenética - RESULTADOS

06 / Octubre / 2007

Vendéronse catro dos seis animais ofertados, nunha poxa que causou bastante expectación, por ser a primeira destas características, ofertando animais con altos índices xenéticos e varias xeracións MB ou Ex no seu pedigrí.

poxa de gando frison

O prezo medio de saída foi de 2.750€, e o de remate de 3.325€, cun volume total de vendas de 13.300€.

pena blitz marmax
                                            PENA BLITZ MARMAX

O animal que acadou o prezo máis alto foi Pena Blitz Marmax, unha xata de 4 meses, presentada pola gandería Pena, de Begonte, Lugo, que acadou os 5.100€, o prezo máis alto acadado por un animal desa idade nas poxas organizadas por Africor-Lugo. A súa xenealoxía, Blitz x Marmax BB82 x Aaron MB87 x Esquimau EX x Leadman MB87 x Melvin EX, foi a que definiu o prezo de remate, partindo dun prezo de saída de 2.000€. O comprador foi o grupo Alto Miño Xenes.

 O resto dos animais vendidos foron:

outeiro aaron andina
Outeiro Aaron Andina , por 2.600€, unha primeriza parida de xuño.
(Aaron x Wade MB86 x Lee MB87 x Adan BB83 x Rotate BB80 x Melvin MB87 x Elevation EX x Astronaut EX x Perseus MB
Kleine Reixa Ankara Goldwyn , por 3.000€, unha xata nacida en marzo de 2006.
(Goldwyn x James MB86 x Lindy MB87 x Marvel EX x Covalt MB87)
xercas porta cabuxa forbidden
Xercas Porta Cabuxa Forbidden , BB80, por 2.600€, unha primeriza parida de maio, da familia de Snow Dellia.
(Forbidden BB80 x Terry MB86 x Leadman EX x Ivanhoe EX)
 
 
 
 
A Poxa estivo presidida polo Consellerio de Medio Rural, o Director Xeral de Gandería, o Delegado provincial de Medio Rural de Lugo e o Presidente de Africor-Lugo
 
POXA DE GANDO FRISON
 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético