XII CONCURSO NACIONAL DE PRIMAVERA CONAFE 2010
29 / Marzo / 2010
Os días 27 e 28 de marzo tivo lugar en Torrelavega, Cantabria, o XII Concurso Nacional de Primavera CONAFE 2010 da Raza Frisoa.
Enlace TVG O AGRO
Alí reunironse uns 200 animais da raza frisoa procedentes de 8 autonomías, e 10 provincias. Galicia estivo presente grazas a 3 ganderías de Lugo que non quixeron perder esta oportunidade de amosar os seus animais neste certame.
Estas ganderías foron:
-
SAT REI DE MIÑOTELO, de A Pastoriza, con dúas vacas
-
CASA CAPON, de Chantada, cunha xovenca
-
CASA POZO, de Lugo, cunha vaca e tres xovencas
Todos os animais presentados por estas ganderías fixeron un bo papel nas súas seccións, salientando POZO ALLEN 5275 MIMOSA, que ademais de acadar o primeiro posto na sección 14, Vaca Intermedia Lactación de 4 anos, acadou os títulos de Vaca Intermedia Campioa e Gran Campioa Reserva.
Entrega do premio de Gran Campiona Reserva por parte das autoridades
Na sección 14 tamén participou CANDO FANIA SEPTEMBER, da gandería Rei de Miñotelo que obtivo unha meritoria 7ª posición, xa que se tratou dunha sección moi numerosa e con moi bos animais, para a maioría dos presentes, a mellor sección do concurso.
Vista sección 14
POZO ALLEN 5275 MIMOSA
CANDO FANIA SEPTEMBER e POZO ALLEN 5275 MIMOSA
A participación galega no apartado de vacas en lactación xa comenzou na sección 11 Vaca Nova en Lactación de 31 a 35 meses, cunha estupenda primeiriza chamada REY 434 NATACHA GOLDWYN, e que resultou 5ª de sección.
REY 434 NATACHA GOLDWYN
O sábado tivo lugar o xulgamento das seccións de xatas e xovencas cunha boa actuación das participantes galegas, salientando o 2º posto na sección de xovencas de 20 a 22 meses, acadado por CAPON-HOSLTEIN GOLDWYN CAROL, da gandería Casa Capón de Chantada.
CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN CAROL
Sección Xovencas de 20 a 22 meses
Mención especial merece POZOSAA GOLDWYN 6821 RULA, unha xata de Casa Pozo, con 10 meses de idade que acabou 5ª de sección.
POZOSAA GOLDWYN 6821 RULA
POZOSAA JASPER 9888 ERMA |
POZOSAA LHEROS 7229 MIKAELA |