AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

SEMANA VERDE 2007 - RESULTADOS XATAS E XOVENCAS

17 / Junio / 2007

Celebrouse o concurso de xatas e xovencas con 66 animais participantes, dos que 12 pertencen a ganderías da provincia de Lugo.

Con respecto ao Concurso Internacional, tan so un animal de Galicia acado un primeiro posto de sección. Este foi Fontestriz Daria Springter, unha filla de Champion Springter (Xenética Fontao) da gandería Fontestriz, de Chantada. Tamén se conseguiron 4 segundos postos de sección, polas ganderías Pozo, de Lugo (3) e Cid, de Barreiros (1).

fontestriz springter 

A gañadora de xatas foi Ametsleku Stormatic Euri, da gandería Ametsleku, de Vizcaya, da que o xuíz do concurso, o mexicano Eduardo García Frías, salientou o seu bo momento de forma. Nas xovencas, a gañadora foi Cudaña Atenas Champion, da gandería Llera Her, de Cantabria, un animal cunha tremenda capacidade e estructura, ou tal como a describiu o xuiz “cunha potencia admirable”. Este animal acadou tamén o título de Xovenca Campiona Internacional.

cudaña atenas champion CUDAÑA ATENAS CHAMPION

Cudaña Atena Champion completa oito xeracións de animais criados na gandería Cudaña, de Cantabria, se ben actualmente é propiedade do Centro de Cría LLera Her.
O seu pedigrí é Champion x Dante BB82 x Storm Ex90 x Jed BB83 x Raider MB85 x Process MB85 x Napoleon MB87 x Perseuss MB85.
 

 

No que se refire ao Concurso Rexional, os premios repartíronse entre as ganderías Cid e Pozo. A Xata Campiona foi Cid Gibson Forxa, de gandería Cid, que se situou por diante da Goldwyn de Pozo polos seus aplomos e por estar máis descarnada, mostrando un tremendo carácter leiteiro.

cid gibson forxa
            CID GIBSON FORXA
pozo goldwyn
                POZO GOLDWYN SARA

Pozo Aaron Morita, foi a Xovenca Campiona, con mellores patas e costela que a subcampiona, outra xovenca de gandería Pozo, Pozo Champion Madia.

pozo aaron morita
              POZO AARON MORITA
pozo champion madia
         POZO CHAMP. MADIA 9174 ET

Cid Gibson Forxa, se impuxo como a Xovenca Gran Campiona Rexional. A súa avoa, Cid Lerez Forza, foi Xovenca Subcampiona no Rexional do 2003. O seu pedigrí é Gibson x Outside BB83 x Lerez MB87 x Brisach MB88.

 

CID GIBSON FORXA CID GIBSON FORXA

RESULTADOS REXIONAL

Cóntase coa participación de 14 ganderías de gando frisón da provincia de Lugo, que presentan un total de 33 animais ao concurso.

As ganderías de Lugo que participan son as seguintes: 

GANDERÍA

ENDEREZO

CONCELLO

CANDO E SANTOS

VILAGORMAR - POUSADA

A PASTORIZA

REI DE MIÑOTELO

MIÑOTELO - AGUARDA

A PASTORIZA

CID

VILAMARTIN PEQUENO

BARREIROS

NODI

VILAMARTIN GRANDE

BARREIROS

VEIGUEIRO

VILAMARTIN GRANDE

BARREIROS

SAT CANDO

LUDRIO

CASTRO DE REI

FONTESTRIZ

CENTULLE - ASMA

CHANTADA

CASA POZO

GALEGOS - SAA

LUGO

SAT GAIGO

SEIXOSMIL

MEIRA

GRANJA ULLOA

VALBOA

MONTERROSO

CASA XEPE

PORTO - VILAOSENDE

RIBADEO

PEINEIRO

IGLESIA - ALDURFE

RIOTORTO

CALLOBRO

VILARBETOTE - SANTE

TRABADA

LINA

FORNEA

TRABADA

 
vacas descansando 

 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético