AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

REXIONAL GALICIA - MOEXMU 2026

REXIONAL GALICIA - MOEXMU 2026

12 / Abril / 2026

Entre os días 10 e 12 de abril celebrouse unha nova edición da MOEXMU, e xa van corenta, ademáis nesta ocasión en por segunda vez na historia coincidiu co Concurso Autonómico da raza frisoa, e como non podia ser doutra maneira o público respondeu como o sole facer, enchendo o feiral e demostrando que Muimenta e unha zona gandeira, onde saben apreciar a excelencias dos animais presentados neste tipo de certames.

 

MOEXMU 2026

 

O xuíz encargado do xulgamento foi Julián Rodríguez Pérez da gandería Casa Flora de Asturias e xuiz nacional de Conafe.

O xuíz tivo que valorar os 106 animais presentados polas 20 ganderías presentes no certame e destacou o elevado nivel dos animais presentados así como o traballo realizado polos gandeiros para poder mostrar os animais na pista nas mellores condicións, sen dúbida un traballo que ninguen realiza senón sente verdadeira paixón polos animais.

No apartado de xovencas, destacou  a gandería Rei de Miñotelo da Pastoriza, acadando o título de Xovenca Gran Campiona MOEXMU e REXIONAL con REY 1346 DANI NEGARIEL.

 

REY 1346 DANI NEGARIEL
GRAN CAMPIONA DE XOVENCAS 

 

Nas vacas en lactación tivemos dúas campionas, gandería A Vereda acadou o título de Vaca Gran Campiona MOEXMU con JBTOULLEC MIR ROXO P, e gandería O Rubio o título de Vaca Gran Campiona de Galicia con O RUBIO KING DOC BARNI.

 

GRANDES CAMPIONAS MOEXMU 2026
GRANDES CAMPIONAS MOEXMU 2026

 

Resultados MOEXMU

 

Resultados REXIONAL

 

FOTOS - GUILLAUME MOY

 

VIDEOS - VACA PINTA

 

O domingo tivo lugar 30ª poxa de gando frisón onde se ofetaron 11 animais resultando adxudicados 10 cun prezo medio de 3.320 euros, o animal que acadou o prezo máis elvado foi unha xovenca presentada pola gandería Queiroga do Páramo que foi adxudicada para Dumbría, A Coruña.

 

 

Máis información

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Pautas vacinación lingua azul 2026


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético