RESULTADOS MOEXMU 2011
02 / Abril / 2011
XXV CONCURSO DE GANDO FRISÓN MOEXMU 2011
Concurso no que participaron vinte dúa gandarías, cun total de 68 animais. A participación foi inferior á de anos anteriores, pero cun grande nivel no que a presentación de animais se refire. Salientar os resultados da gandaría Callobro, de Trabada, que obtivo os dous campionatos de xovencas e vacas. O xulgamento correu a cargo do asturiano D. Francisco Javier Freije Freije.
Na mañá do sábado, nas seccións de animais novos, o título de Xata Campioa foi para a gandería Cid, de Barreiros, con Cid Spirte Orfa, un animal con moita estrutura e capacidade, conseguindo igualmente a Xata Subcampioa con Cid Dancer Leluya, que destacou pola súa calidade de óso e mellores patas.
Xata Campioa - CID SPIRTE ORFA
Xata Subcampioa - CID DANCER LELUYA
A Xovenca Campioa foi Callobro Xacobeo Valdeteja, de gandaría Callobro, que se faría posteriormente co Campionato de Xovencas. Este animal, cunha extraordinaria estrutura e capacidade, quedou terceira no pasado Concurso Nacional de Primavera. A Subcampiona de Xovencas foi Rei Sorpresa Glinye, da gandaría Rei de Miñotelo, de A Pastoriza, segunda na mesma sección que a campioa.
Gran campioa de Xovencas - CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA
Xovenca subcampioa - REY 487 SORPRESA GLINYE
Xa pola tarde chegou o momento de ver na pista as vacas en lactación.
O título de Vaca Nova Campioa foi para a gandaría Rego, de Láncara, con Rego Airraid Claudina, destacando polo seu sistema mamario e a calidade das súas patas. O subcampionato foi para a gandaría Sandamil, de Castro de Rei, con Sandamil Megamagic Melani, unha vaca con moi boa estrutura e moi alta.
Vaca Nova Campioa - REGO AIRRAID CLAUDINA 2485
Vaca Nova Subcampioa - SANDAMIL MS MEGAMAGIC MELANI
A Vaca Intermedia Campioa, foi Callobro Vértigo Plastilina, de gandaría Callobro, unha clara gañadora para o xuíz, pola súa estrutura e capacidade, un animal moi longo e equilibrado, quedando por diante na súa sección da que logo sería a subcampeona, Rei Rosita Goldwyn, da gandaría Rei de Miñotelo, mellor sistema mamario desta sección. A Vertigo foi segunda de sección no Nacional de marzo, por detrás da campioa nacional.
Vaca Intermedia Campioa - CALLOBRO VERTIGO PLASTILINA
GRAN CAMPIOA DE VACAS
Vaca Intermedia Subcampioa - REY 454 ROSITA GOLDWYN
En adultas, Cid levou o campionato, con Cid Roy Muesle, por diante de Pozo Allen Mimosa, de gandaría Pozo, que foi a Adulta Subcampiona. Impúxose por un mellor ubre, sobre todo o posterior, máis ancho e alto e pola súa mellor calidade de óso.
Vaca Adulta Campioa - CID ROY MUESLE
Vaca Adulta Subcampioa - POZO ALLEN 5275 MIMOSA
O campionato de Criadores foi para o grupo presentado pola gandaría Rei de Miñotelo, de A Pastoriza, que o xuíz cualificou como un grupo extraordinario, moi compacto e equilibrado, quedando en segundo lugar a gandaría Cid, de Barreiros.
DOMINGO EN MOEXMU
O domingo 3 de abril tivo lugar o tradicional Concurso de Xóvenes Manexadores Muimenta 2011, o xulgamento deste estivo a cargo de D. Francisco Javier Freije Freije, Xuiz Nacional de CONAFE.
O concurso estivo organizado en catro sección e logo un campionato entre os dous mellor clasificados en cada unha das seccións.
Sección 1: máis de 21 anos
|
1ª de sección: Alba Núñez Núñez |
Sección 2: entre os 16 e os 21 anos
|
1ª de sección: Alberto Iglesia Vila |
Sección 3: entre os 10 e os 15 anos
|
1ª de sección: María Manteiga Rodríguez |
Sección 4: menores de 9 anos
A continuación tiveron lugar os campionatos:
Campioa: ALBA NUÑEZ |
Subcampioa: MARIA MANTEIGA |
As actividades desta XXV edición do Concurso de Gando da MOEXMU remataron coa tradicional entrega de premios.