AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

RESULTADOS DO CONCURSO DE MOEXMU

08 / Abril / 2006

    O longo da xornada do sábado tivo lugar en MOEXMU a XX edición do concurso de Gando Frisón de Muimenta, nesta ocasión o Xuíz foi D. José Manuel Paz Conde, Xuíz Nacional de CONAFE, e con unha amplia experiencia no xulgamento de concurso o máis elevado nivel.
   
    Pola mañá tivo lugar o xulgamento das seccións de xata e xovencas, resultando campiona Cid Aaron Monke, una xovenca que participou na 5 sección, e que xa era coñecida dos aficionados pola súa participación no último concurso nacional, o premio a mellor xata tamén foi para gandería Cid, con Cid Gibson María, unha xata que destaca pola sua capacidade e amplitude de costela que a  piques estivo de alzarse co premio de Xovenca Gran Campiona.
 
    Tamén temos que destacar a actuación de gandería Pozo coa Xata Subcampiona, Pozo Aaron Morita e a Xovenca Subcampiona, Pozo Lyster 9376, dous magníficos exemplares que seguro poderemos volver a ver noutros certames realizando moi boas actuacións.
 
   Xa pola tarde comenzou o xulgamento das sección de vacas, con moito público durante o transcurso do mesmo, que seguiu con atención as colocacións do xuíz, empezou a tarde cunha sección de vacas en lactación ata 30 meses con un altisimo nivel, o cal xa indicaba o que sucedería o longo de toda a tarde, seccións moi numerosas e con animais moi bos, que sen dubida fixeron esforzarse o xuíz para realizar a colocación dos mesmos.
 
   
Destacar outra vez a actuación de gandería Cid obtendo o premio de Vaca Gran Campiona con Rosalía James unha vaca en copropiedade con Tomas Cancio, que destaca sobre todo pola tremenda ubre, a campacidade e a gran armoniosidade coa que se unen todas as súas partes, fan desta vaca unha aunténtica estrela dentro da pista. Ademáis esta gandería tamén conseguiu o premio de Vaca Nova Campiona con Anibal Champion Aleluya IV.
 
 
    Como Vaca Intermedia Subcampiona quedou Gaigo Julieta Jolt de gandería Gaigo, unha gran vaca que non lle puxo as cousas nada fáciles a que logo sería gran campiona.
 
    Tamén brilou por mérito propio Pastora Louro Do Campo Maura, de ganderia Sandamil, unha filla de Louro que logo de ser primeira na súa sección foi coroada como Vaca Nova Subcampiona, e xunto con 39 Mira de gandería Pozo culminaron a boa actuación que tiveron en xeral as fillas de touros do programa PIMX de Galicia.
 
 
    A Vaca Adulta Campiona foi Rey 289 Maceira Rudolph da gandería Rey de Miñotelo, pola que parece non pasar o tempo, xa que conserva ese aire xuvenil e vivaz que xunto con unha finura extrema e un carácter leiteiro moi marcado fan este animal moi especial.

    En canto a criador gandería Pozo obtivo o premio o Mellor Criador e Sat Gaigo o Segundo mellor criador.

 
 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético