AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

RESULTADOS DO CONCURSO DE CHANTADA

28 / Octubre / 2006

    Nesta edición asistiron 114 animais de raza frisona procedentes de 41 ganderías da nosa Comunidade. O concurso desenvolveuse ao longo de todo o día, sendo pola mañá o xulgamento das xatas e xovencas e pola tarde as vacas de leite e campionatos.

    O xulgamento estivo a cargo de D. Francisco Javier Freije Freije, xuíz nacional de CONAFE e propietario da gandería Roxa, de Asturias.
 
   
    No apartado de xatas salientar a elevada participación nas primeiras seccións, obtendo o título de Xata Campiona GANDPOZO CHAMPION MADIA ET, de Gandería Pozo, de Lugo, que logo tamén se alzaría co título de Xovenca Gran Campiona.
 
    O título a Xovenca Campiona foi para CID GIBSON MARÍA, de gandería Cid, de Barreiros.
 
   GANDPOZO CHAMPION MAIDA 9174 ET
               CID GIBSON MARÍA
    
     Pola tarde tivo lugar un bonito concurso de vacas en lactación, con algunhas seccións nas que a pista quedábase pequena para acoller ao elevado número de animais.
 
 
     No apartado de Vaca Nova quedou campiona ANIBAL CHAMPION ALELUYA IV, de gandería Cid de Barreiros, que o ano pasado fóra Xovenca Gran Campiona neste mesmo concurso, en Vacas Intermedias houbo unha gran competencia con varios animais loitando por un título que o final levou J.J. FREIJO LYSTER MAYRA de SAT Sandamil, de Castro de Rei. 
 
 
        ANIBAL CHAMPION ALELUYA IV   
 
               J.J. FREIJO LYSTER MAYRA
 
    Logo chegaron as máis veteranas para as seccións de vacas adultas, onde se proclamou campiona ROCKETT de gandería Cid, de Barreiros.
 
 
                    ROCKETT
 
  MELLOR CRIADOR - MANTOÑO HOLSTEIN
 
    O premio ao Mellor Criador foi para MANTOÑO HOLSTEIN, cun lote de animais que destacaban principalmente polas boas ubres e boas patas, sen descoidar as estructuras.
 
Os outros premios foron:
Mellor Concell Barreiros
 
Mellor Rabañ Mantoño Holstein
 
Mellor descendencia de vaca: Perrelos
 
Mellor gandería de nova participación: SAT Sandamil
 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad