AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Servizos

Programa de apareamentos

Programa de apareamentos

A principal vantaxe deste programa é o control da consanguinidade, evitando o cruce de animais cun parentesco próximo. Os animais consanguíneos son menos produtores e presentan unha menor resistencia ás enfermidades. Tamén téñense en conta cruces de animais portadores de enfermidades de transmisión xenética, como pode ser o CVM ou o BLAD.

Consiste nun estudio técnico dos índices xenéticos, coa axuda dun programa informático, que permite orientar sobre que touros son os máis adecuados para aparear as vacas dunha determinada explotación, de cara a obter unha recría mellorada respecto das súas nais.

De forma optativa, o gandeiro pode elixir que o programa inclúa una visita dun técnico á explotación.

Pártese dos touros dos que dispoña o gandeiro, e coa posibilidade de incluír calquera outro touro do mercado. Salientar que se trata dun servizo independente, sen criterios comerciais. Aparte de traballar con índices xenéticos, tense en conta a morfoloxía dos animais, as condicións de manexo de cada explotación, etc.

 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad