18 / Mayo / 2026
CONAFE publicou un ranking cos mellores criadores de España por produción vitalicia, e no primeiro lugar figura SC La Nave, unha explotación do Corgo onde as vacas promedian máis de 26 quilos de leite producido por dia de vida, unha cifra moi alta, pois a media da provincia son 10 quilos menos, o que sen dúbida nos da unha idea da alta lonxevidade que acadan os animais nesta explotación.
Outras tres ganderías da provincia se atopan entre as dez primeiras, Sat Lodos e Perez da Pastoriza e Gandería Rego de Láncara, sen dúbida sinais do alto grao de profesionalidade e bo facer dos gandeiros da nosa provincia.
