29 / Junio / 2026
O 29 de xuño, tivo lugar Asemblea Xeral da Asociación, ao remate da mesma contamos con Hugo Criado, ceo da consultoría Medrar que expuxo aos asistentes a situación do sector lácteo a nivel mundial e a súa importancia na nosa comunidade, onde a maioría das empresas que máis facturan están relacionadas co sector primario, gandería, pesca e forestal, porque Galicia posúe unha riqueza natural que debemos coidar e explotar para xerar riqueza de forma sostenible.

Tamén aproveitamos esta xornada para facer entrega dos premios as mellores ganderías segundo os datos de 2025:
Africor Lugo fai cada ano un recoñecemento ás mellores ganderías da provincia seguindo un criterio de méritos en distintas categorías, tratando de salientar aquelas explotacións que traballan pola mellora da súa gandería, en busca duns animais máis rendibles para a produción de leite e á vez máis lonxevos, que permitan producir leite, de boa calidade, durante moito tempo.
Para estar neste grupo das mellores ganderías da provincia é preciso estar entre as cen mellores por produción, cualificación e índices xenéticos. Esto fai que sexan requisitos moi esixentes, o que abonda no mérito desta ganderías. As ganderías premiadas son as seguintes:
|
A maiores, tamén son merecedores de mención as primeiras explotacións por produción, morfoloxía e índices xenéticos, amosando o traballo realizado nestas gandería para acadar uns valores tan destacados.
Gandería de maior produción media de leite por vaca
RODASINDE, Segán de Abaixo, Escairón, O Saviñao. (16.809 Kg)
Gandería de maior media de cualificación morfolóxica
MANTOÑO HOLSTEIN, Novas, San Xusto, Barreiros. (89,13 puntos)
Gandería de maior media de puntuación por índices xenéticos
SAT AGOSTO DARRIBA, Maciñeiras, A Rigueira, A Pastoriza. (ICO 1.190)
