AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA SARRIA - RESULTADOS

POXA SARRIA - RESULTADOS

13 / Mayo / 2024

Na poxa celebrada en Sarria o sábado 11 de maio de 2024, presentáronse 16 animais, dos cales soamente 3 eran xovencas próximas, sendo o resto todas vacas paridas de primeiro parto. Un lote de animais moi completo, con animais procedentes de familias americanas, moitos animais xenótipados e todos con probas de paternidade e as condicións sanitarias destas poxas, analizadas de IBR, BVD, neospora, paratuberculose e os controis oficiais.

Nunha maña soleada non foron moitos os gandeiros que se acercaron ata o mercado gandeiro, o que sen dúbida repercutiu no resultado da poxa, resultando vendidos 14 do animais presentados cun prezo medio de 2.557 euros.

Antonio da Laura Genuine Gela

 

O animas que acadou o prezo máis alto foi unha filla de Genuine presentada pola gandería Antonio da Laura que  foi mercada pola gandería Pena Guisande por 3.200 euros.

poxa sarria

 

poxa africor lugo

 

poxa frisón sarria

 

 

POXA SARRIA 2024

 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético