AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA O PARAMO - RESULTADOS

POXA O PARAMO - RESULTADOS

11 / Junio / 2026

O sábado 6 de xuño, coincidindo coas feiras de primaveira, tivo lugar unha nova poxa de gando frisón organizada polo concello do Páramo, esta foi a terceira poxa organizada no Páramo xunto coa feira de primaveira, e unha vez máis foi un éxito, tanto en público como en ventas, demostrando así que a poxa e feira se complementan entre sí.

POXA O PARAMO

Dos quince animais presentes solo puideron sair a pista catorce, resultando todos adxudicados cun prezo medio de 3.478 euros, nunha poxa onde seis dos animais presentados eran xovencas próximas ao parto.

POXA AFRICOR LUGO

Os animais foron para ganderías da provincia de Lugo na súa maioría pero catro marcharon rumbo A Coruña, concretamente para Muxía e Santiago, dando así testemuña da relevancia que estas poxan van gañando pouco a pouco, buscando promover o mercado interno de animais dentro da comunidade e así poder reducir a dependencia fóranea.

POXA O PARAMO
LANCERO KARL REDONDA - cos vendedores e compradores

O prezo máis elevado foi para una vaca recén parida ofertada pola gandería Do Lancero de Chantada que foi adquirida pola gandería Casa Pedro de Paradela, unha filla de Karl parida do mes de maio adxudicada por 4.900 euros.

 

POXA O PARAMO

 

POXA O PARAMO

 

POXA O PARAMO

 

 

 

 

Catálogo poxa O Páramo

 

 

 

As poxas ofrecen vantaxes:

 

Para os vendedores:

  • Poxas publicitadas
  • O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
  • Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
  • Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
  • Concentración de compradores
  • Publicidade para a gandería

 

Para os compradores:

  • Concentración da oferta
  • Garantías sanitarias
  • Animais procedentes de explotacións cercanas
  • Información xenealóxica completa
  • Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
  • 200 euros de axuda de Caixa Rural
  • Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao

NON O DÚBIDE, A MELLOR OPCIÓN PARA VENDER OU COMPRAR

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

SITUACIÓN SANITARIA


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético