AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

 POXA FRIOL

POXA FRIOL

13 / Noviembre / 2022

O sábado 12 de novembro tivo lugar no mercado gandeiro de Friol a primeira poxa organizada en colaboración entre AFRICOR LUGO e o concello de Friol.

 

POXA FRIOL

 

Nunha maña soleada, foron moitos os gandeiros que se achegaron ata o mercado coa intención de adquirir algún dos animais ofertados, así os 18 animais que saíron a pista foron adxudicados cun preso medio de 2.994 euros, un récord para estas poxas organizadas por Africor, pero algo bastante lóxico se pensamos nos prezos que teñen hoxe todos as materias primas necesarias para recriar os animas.

 

POXA AFRICOR LUGO

 

Estas poxas buscan potenciar o mercado de animais de proximidade, pois tradicionalmente en Galicia importamos moitos animais de fora de España, é hoxe en Galicia temos moitos animais con xenética e condicións sanitarias tan boas o ou mellores que os que poidan vir de fora, algo aínda máis destacado nos animais ofertados nas poxas, con xenealoxía confirmada mediante probas de paternidade e probas sanitarias recen feitas.

 

POXA FRIOL

 

Todas estás características fan deste tipo de poxa un lugar ideal para mercar animais aqueles gandeiros que os precisen a vez que axudan aos gandeiros con excedentes de recría a valorizar a mesma, presentando os animais pelados e lavados para destacar o seu potencial.

Os compradores foron gandeiros na súa maioría da provincia de Lugo pero tamén foron animais para Coruña e Pontevedra.

 

POXA FRIOL

Carballo de Baixo Goal Reina, vendedor, compradores, Alcalde de Friol e Presidente de Africor Lugo

 

O animal que acadou prezo máis elevado foi Carballo de Baixo Goal Reina, unha primeiriza parida do mes de setembro que desatou unha bonita loita entre os asistentes por incorporala a súa gandería, finalmente foi para a gandería Xesteira de Zas, A Coruña por 4.800 euros.

 

POXA FRISON

 

Dende Africor Lugo queremos dar as grazas o concello de Friol pola súa colaboración na organización desta poxa, ademais dos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural pola súa colaboración na realización das probas sanitarias, a Xenética Fontao que colabora cun lote de doses a todos os compradores, a empresa suministros Viña que obsequiou a compradores e vendedores e a todos os que dalgún xeito nos axudaron para levar a cabo este evento, entre os que temos que destacar os medios que se fixeron eco do evento informando aos gandeiros da súa existencia o que permitiu contar con tantos compradores.

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad