28 / Enero / 2025
O sábado 25 de xaneiro, no mercado gandeiro de Friol as 12:00 tivo lugar a terceira poxa de frisón organizada entre o concello de Friol e AFRICOR LUGO.
Esta poxa foi a primeira de 2025, e nela ofertáronse 16 animais, 11 vacas paridas e 5 xovencas próximas ao parto, todos os animais resultaron adxudicados cun prezo medio de 3.147 euros e un volume de negocio de 50.350 euros, estas poxas teñen como obxectivo fomentar o mercado entre gandeiros, axudando aos criadores que teñen animais para a venda a presentar os seus animais fronte aos posibles compradores, que tamen se benefician desta concentración da oferta que lles permite valorar os animais en igualdade de condicións e beneficiarse das condicións sanitarias na que son presentados estes animais gracias a Consellería de Medio Rural así como do obsequio dun lote de doses grazas a colaboración con Xenética Fontao.
Os animais procedentes de ganderías da provincia de Lugo foron adxudicados para ganderías de A Coruña e Lugo, así o animal que acadou o prezo máis elevado foi unha primeiriza procedente da gandería Casa Gabino de Friol que foi adxudicada a Juan José Varela do concello coruñes de Vilasantar por 5.000 euros.