AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA EN SARRIA - RESULTADOS

POXA EN SARRIA - RESULTADOS

06 / Mayo / 2026

Un ano máis a poxa de Sarria volveu ser un éxito, pleno de ventas e moito público nunha poxa que daba comenzo as actividades programadas para o fin de semana con motivo da celebración do San Isidro.

POXA SARRIA

Nesta ocasión sairon a pista 15 animais, 12 vacas paridas e tres xovencas próximas ao parto, sendo adxudicadas todas cun prezo medio de 3.413 euros, os animais foron para ganderías da provincia de Lugo pero tamén da Coruña e de Cantabria, pois cinco dos animais ofertados foron adquiridos pola empresa Orgullo Ganadero de Cantabria, ata onde foron trasladados o domingo.

GALAN GANGWAY 9977, con vendedor e comprador

O prezo máis elevado foi para unha primeiriza presentada pola gandería Galán da Pastoriza, de nome Galán Gangway 9977 que foi adquirida pola gandería Xesteiro de Zas, A Coruña.

Estas poxas supoñen un esforzo e un gasto para as entidades organizadoras, así queremos agradecer ao Concello de Sarria a súa organización, sendo as feiras de San Isidro un lugar ideal para realizar este evento, tamén a Xunta de Galicia que a través dunha orde de axudas permite sufragar parte dos gastos, aos servicios veterinarios oficiais, pola súa colaboración para poder presentar os animais con todas as probas sanitarias realizadas, a Cooperativa Aira, a Xenética Fontao que obsequia aos compradores con 6 doses dos seus mellores sementais e a Caixa Rural Galega que colabora con 200 euros por cada animal adquirido nas poxas organizadas por Africor Lugo, entendendo que este tipo de actividades son un dinamizador do sector e axudan tanto aos gandeiros que teñen excedentes de recría como aos que precisan mercar animais.

Catálogo

 

Claudio - Alcalde de Sarria

 

POXA SARRIA

 

POXA SARRIA

POXA AFRICOR LUGO

POXA SARRIA

 

POXA FRISOA

 

POXA AFRICOR LUGO

 

POXA

 

POXA SARRIA

 

POXA FRISON

 

As poxas ofrecen vantaxes:

Para os vendedores:

  • Poxas publicitadas
  • O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
  • Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
  • Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
  • Concentración de compradores
  • Publicidade para a gandería

Para os compradores:

  • Concentración da oferta
  • Garantías sanitarias
  • Animais procedentes de explotacións cercanas
  • Información xenealóxica completa
  • Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
  • 200 euros de axuda de Caixa Rural
  • Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao

NON O DÚBIDE, A MELLOR OPCIÓN PARA VENDER OU COMPRAR

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Pautas vacinación lingua azul 2026


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético