AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA EN SARRIA - RESULTADOS

POXA EN SARRIA - RESULTADOS

15 / Mayo / 2025

O sábado 10 de maio tivo lugar en Sarria unha nova poxa de gando frisón, organizada polo concello de Sarria e coa colaboración da Consellería do Medio Rural, Xenética Fontao, Caixa Rural e a Cooperativa Aira, esta nova edición da poxa contou coa presenza de 12 animais, dos cales resultaron vendidos 11, cun prezo medio de 3.320 euros.

Nesta ocasión os animais ofertados eran maioritariamente xovencas, 7 de 12, algo que facia anos que non se producia, pois nos últimos anos os animais ofertados neste tipo de poxas estan sendo maioritariamente vacas paridas. 

GRILO GENUINE 4219
GRILO GENUINE 4219 - VENDEDOR E COMPRADOR

 

A vaca que acadou un maior prezo foi: Grilo Genuine 4219, un exemplar vendido pola gandería Grilo, de Bóveda (Lugo), adquirido pola gandería Pena Guisande, do Páramo (Lugo), por 4.450 euros. A xovenca que alcanzou o prezo máis alto foi Marey Coach 4517 Iris, presentada pola gandería Marey Castro, de Pol (Lugo), adquirida pola gandería Serra, de Sarria (Lugo).

POXA SARRIA

 

POXA FRISON

 

POXA FRISOA SARRIA

 

POXA FRISON SARRIA 2025

 

FEIRA SAN ISIDRO SARRIA

 

Catálogo de animais

 

As poxas ofrecen vantaxes:

Para os vendedores:

  • Poxas publicitadas
  • O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
  • Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
  • Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
  • Concentración de compradores
  • Publicidade para a gandería

 

Para os compradores:

  • Concentración da oferta
  • Garantías sanitarias
  • Animais procedentes de explotacións cercanas
  • Información xenealóxica completa
  • Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
  • Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao

NON O DÚBIDE, A MELLOR OPCIÓN PARA VENDER OU COMPRAR

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético