10 / Marzo / 2026
O 14 de marzo tivo lugar en Chantada a segunda poxa do ano de gando frisón na provincia de Lugo.

Dos 13 animais que sairon a pista foron vendidos 12, cun prezo medio de 3.517 euros, acadando un volumen de vendas de 42.200 euros, diñeiro que pasou de gandeiros galegos a gandeiros galegos, favorecendo o mercado de próximidade, o que ten vantaxes económicas e sanitarias.
O prezo máis elevado foi para unha primeiriza filla de Gabrielle, presentada pola gandería Lacpi de Sarria e adquirida por Penaguisande do Páramo.

A organización destas poxas supoñen un esforzo e un gasto para as entidades organizadoras, así queremos agradecer ao Concello de Chantada a súa organización, algo que leva facendo moitos anos de forma ininterrompida, pero tamén a Xunta de Galicia que a través dunha orde de axudas permite sufragar parte dos gastos, aos servicios veterinarios oficiais, pola súa colaboración para poder presentar os animais con todas as probas sanitarias realizadas, a Cooperativa Aira, sen a súa axuda esto sería moito máis complicado, a Xenética Fontao que obsequia aos compradores con 6 doses dos seus mellores sementais e a Caixa Rural Galega que dende o ano pasado colabora con 200 euros por cada animal adquirido nas poxas organizadas por Africor Lugo, entendendo que este tipo de actividades son un dinamizador do sector e axudan tanto aos gandeiros que teñen excedentes de recría como aos que precisan mercar animais.

Para os vendedores:
Para os compradores:
NON O DÚBIDE, A MELLOR OPCIÓN PARA VENDER OU COMPRAR
