20 / Junio / 2024
Como cada ano, Africor Lugo fixo un recoñecemento ás mellores ganderías da provincia seguindo un criterio de méritos en distintas categorías, tratando de salientar aquelas explotacións que traballan pola mellora da súa gandería, en busca duns animais máis rendibles para a produción de leite e á vez máis lonxevos, que permitan producir leite, de boa calidade, durante moito tempo.
Así son merecedoras de mención as primeiras explotacións por produción, morfoloxía e índices xenéticos, amosando o traballo realizado nestas gandería para acadar uns valores tan destacados:
Gandería de maior produción media de leite por vaca
RODASINDE, Segán de Abaixo, Escairón, O Saviñao. (16.286 Kg)
Gandería de maior media de cualificación morfolóxica
BAIXO HOLSTEIN, Ermida, Nespereira, Sarria. (88,79 puntos)
Gandería de maior media de puntuación por índices xenéticos
SAT AGOSTO DARRIBA, Maciñeiras, A Rigueira, A Pastoriza. (ICO 1.171)
Tamén son merecedoras dunha distinción aquelas ganderías da provincia que están entre as cen mellores por produción, cualificación e índices xenéticos, un grupo reducido de ganderías que sen dúbida teñen uns rabaños de alta calidade xenética e cun manexo excelente, doutro xeito sería imposible destacar nos tres listados:
GANDERÍA |
CONCELLO |
Cualificación morfolóxica |
Produción por vaca |
Índices xenéticos |
CASA DO REGO |
LANCARA |
83,18 |
14.726 |
1.140 |
LODOS E PEREZ |
A PASTORIZA |
81,33 |
15.131 |
1.138 |
CASANOVA |
BALEIRA |
82,20 |
12.959 |
1.138 |
MASEDA |
POL |
82,14 |
12.896 |
1.140 |
CADENAS |
CASTRO DE REI |
81,81 |
13.015 |
1.133 |
VEGA |
CASTRO DE REI |
81,80 |
12.908 |
1.135 |
TENDEIRO |
O PARAMO |
80,94 |
14.055 |
1.133 |
COSTUREIRO NOVA |
SARRIA |
82,95 |
12.797 |
1.125 |
CARREIRA |
O INCIO |
81,61 |
13.650 |
1.123 |
NEIRAS |
SARRIA |
81,16 |
12.829 |
1.134 |
DO REI |
A PASTORIZA |
80,96 |
13.429 |
1.127 |
VILAR ALAXE |
CASTRO DE REI |
81,11 |
12.542 |
1.128 |