AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Mellor queixo de España

Mellor queixo de España

21 / Abril / 2026

ARIAS MONIZ

A queixería Arias Moniz de Chantada co seu queixo denominado Savel, acadou a distinción de mellor queixo de España de todas as categorías, dende logo un mérito moi salientable que premia o bo facer desta queixeria.

Arias Moniz elabora os seus queixos a partir do leite das súas propias vacas, a gandería Outeiro,  sendo así un exemplo de diversificación e de como transformar o produto para acadar unha diferenciación no mercado.

Outra gandería lucense, Quintián do Pàramo, tamén recibiu o recoñecemento pola calidade do seu queixo denóminado Mourelo que acadou a plata na categoría de queixos curados de vaca con leite crú.

Outeiro e Quintián son dúas ganderías socias de Africor Lugo que optaron por dar un paso máis e elaborar queixos a partir do leite que producen, grazas o traballo e esforzo realizado, hoxe son recoñecidos en toda España pola calidade do seu produto, noraboa polos éxitos acadados.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

SITUACIÓN SANITARIA


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético