AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

MORATORIA PRÉSTAMOS

02 / Octubre / 2015

ORDE do 24 de setembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, e se convocan para o ano 2015.

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2015 as axudas de minimis, en réxime de concorrencia competitiva, para o pagamento do importe dos xuros que correspondan ata dous anos de carencia na amortización dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas a actividade.
 
Poderán beneficiarse os plans de mellora e incorporacións concedidas en base as convocatorias dende o ano 2007 ata 2015, ambos inclusive.
 
A solicitude de subvención presentarase no mesmo documento en que se solicite a carencia na entidade financieira en que se formalizou o préstamo.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de novembro de 2015.
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético