AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

MOEXMU - AFRICOR LUGO

MOEXMU - AFRICOR LUGO

26 / Octubre / 2024

Este sábado, 26 de outubro, ás 13:00 horas, tivo lugar nas oficinas do Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta, un acto de recoñecemento a Africor Lugo pola súa colaboración na organización do Concurso de Gando Frisón e Poxa de Gando Selecto que se celebran xunto a Mostra Exposición de Muimenta. Neste acto fixose entrega duns pins conmemorativos así como dun diploma.

 

MOEXMU - AFRICOR LUGO
Daniel Pollán Cabana presidente da comisión IV, entrega a Antonio Fernández Fernández (presidente dende 1992 ao 1996)

 

AFRICOR LUGO - MOEXMU
Manuel Seijas Vázquez,presidente da Comisión II, entrega a José Aquilino Rodríguez López  (1996 a 2004)

 

MOEXMU - AFRICOR LUGO
Daniel Pollán Cabana presidente da comisión IV, entrega a José Carlos Vega Rodríguez (2012 a 2020)

 

MOEXMU - AFRICOR LUGO
Manuel Seijas Vázquez,presidente da Comisión II, entrega a Manuel Sandamil Cabana (presidente dende o 2020) 

 

 

José Manuel López Tellado, presidente de Africor Lugo dende o ano 2004 ao 2012, non puido acudir ao acto.

Dende AFRICOR LUGO estamos moi satisfeitos da colaboración levada a cabo ao longo de todos estes anos, pois esto permitiu facer do Concurso de Gando Frisón de MOEXMU un referente, non so, para a Terra Chá, senón a nivel autonómico e incluso nacional, pois a organización e nivel dos animais presentados fan que sexa unha cita obrigada para todos os amantes da raza frisoa.

Dado o carácter multisectorial da MOEXMU, recibe visitantes de todos os sectores, sendo así un escaparate inmellorable para achegar ao sector gandeiro a sociedade, poñer en valor o principal sector económico da comarca e mostrar a sociedade, que o leite que sae dos brick, antes tivo que saír dunha vaca.

 

POR OUTROS 40 ANOS DE COLABORACIÓN 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

GandAgro 2025


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético