06 / Abril / 2024
A Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) celebra este ano unha cita moi especial. Por un lado, porque cumpre catro décadas de maneira ininterrompida e por outro porque o esforzo que ano a ano realizan os veciños da localidade, a través das distintas comisións organizadoras, acaba de ser recoñecido co Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.
Así os días 5,6 e 7 de abril o sector gandeiro de Galicia ten unha cita en Muimenta, onde terá lugar a 38º edición do Concurso de Gando Frisón, unha cita que debe servir para revindicar a importancia do sector produtor de leite na nosa provincia, mostrando aos dirixintes e sociedade como coidan os gandeiros os seus animais, e aínda que nunha exposición os animais se mostran pelados e lavados o mimo e esmero co que os gandeiros tratan os animais e igual ao trato que lles dan no día a día nas súas explotacións.
O encargado de xulgar o certame deste ano será Bonet Cid, xuíz de Conafe desde o ano 2008 e con experiencia como xuíz en distintos concursos, como o Nacional celebrado en Xixón no 2016, os concursos rexionais de Cataluña e Euskal Herria e numerosos certames locais (Galizano, Renedo, Valle de Carriedo, Villaviciosa, Nava ou Gordesola).
Bonet é un gran coñecedor da Moexmu, xa que, dende moi noviño, e xunto ao seu irmán Iván participaban no concurso de xóvenes gandeiros, con cabezas de gando da granxa familiar, ubicada no concello de Barreiros, que atesoura distintos premios en concursos morfolóxicos tanto a nivel galego como nacional, como o de Vaca Gran Campeona no Concurso Nacional 2007, logrado con Rosalía James, elixida vaca do ano 2007.