AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

MOEXMU 2013

08 / Abril / 2013

Nesta edición de Moexmu participaron 23 gandarías que presentaron un total de 93 animais, de Lugo, A Coruña, Pontevedra e Asturias. A pesar do mal tempo, houbo boa asistencia de público, como é habitual neste concurso, sobre todo nas seccións da tarde.

Resultados completos

Galeria fotos

Videos Afriga TV

TVG O AGRO - Gandería Pozo (minuto 33)

A gandaría Pozo, de Lugo, non deu moito xogo aos seus rivais, levando a grande maioría dos premios. Salientar a presenza de Giuseppe Beltramino, xuíz italiano de la ANAFI, que realizou un moi bo xulgamento, con boas explicacións, convincentes, nun correcto castelán.

 
XATAS
 
 

En xatas, o campionato foi para a presentada por gandaría Pozo, da sección de 11 a 13 meses, Pozo Tee Off 6566, que xa destacou na súa sección por ser unha xata moi balanceada, boa motilidade en pista e unha grande anchura de peito. A subcampiona foi a que quedou segunda desa mesma sección, Manteiga Xacobeo Clementina, da gandaría Manteiga, de Vila de Cruces, unha xata tamén moi ben desenvolvida, moi próxima á de Pozo.

 
 GANDERIA POZO
Marcelino co Xuíz e as Campionas
 
 
 XATA CAMPIONA
 
POZOSAA TEE OFF 6566
POZOSAA TEE OF 6566 - CASA POZO
 
XATA SUBCAMPIONA
 
 MANTEIGA XACOBEO CLEMENTINA
MANTEIGA XACOBEO CLEMENTINA - MANTEIGA
 
O campionato de xovencas e o título de xovenca gran campiona, non causou novidade, xa que foi para Pozo Denzel Antía, a gañadora do ano pasado en Moexmu. Segue sendo un animal con moito carácter leiteiro, cunha costela moi aberta e grande fortaleza de lombo. O subcampionato de xovencas levouno Rei Sonrrisa Sid, da gandaría Rei de Miñotelo, de A Pastoriza.
 
XOVENCA CAMPIONA
 
POZOSAA DENZEL 1640 ANTIA
POZOSAA DENZEL 1640 ANTIA - CASA POZO
 
XOVENCA SUBCAMPIONA
 
REY 547 SONRRISA SID
REY 547 SONRRISA SID - REI DE MIÑOTELO
 
Xa pola tarde, chegou o turno das vacas en lactación, onde os asistentes puideron contemplar seccións númerosas e con animais de altisima calidade, como resaltou o Xuíz en varias ocasións.
 
CONCURSO DE VACAS
 
 

A vaca nova tamén foi para gandaría Pozo, con Pozo Goldwyn Sonia, que se impuxo á subcampiona, Rego Xacobeo Xena, de gandaría Rego, de Láncara, pola súa mellor costela e ubre máis ancho, a pesar de que a Xacobeo é un animal con moito carácter leiteiro combinado con moita fortaleza. Neste concurso puidéronse ver en pista un total de dezasete fillas de Xacobeo, o touro que presentou o maior número de fillas.

 
VACA NOVA CAMPIONA
 
POZOSAA GOLDWYN 9545 SONIA
POZOSAA GOLDWYN 9545 SONIA - CASA POZO
 
VACA NOVA SUBCAMPIONA
 
REGO XACOBEO XENA 8888
REGO XACOBEO XENA 8888 - REGO
 
 
 Na categoría de intermedias, a gandaría Pozo foi novamente a gañadora, con Pozo Goldwyn Rula, por diante da subcampiona, Cesares Boeza Dancer, de gandaría Cesares, de Lousame. Foi a fortaleza de lombo e o equilibrio entre formato corporal e de ubre que presentou nla Goldwyn o que a fixo merecedora do campionato. A subcampiona destacou pola súa tremenda fortaleza e estatura.
 
VACA INTERMEDIA CAMPIONA
 
 POZOSAA GOLDWYN 6821 RULA
POZOSAA GOLDWYN 6821 RULA - CASA POZO
 
VACA INTERMEDIA SUBCAMPIONA
 
CESARES BOEZA DANCER
CESARES BOEZA DANCER - CESARES
 
 
 

No campionato de adultas, Rei Rosita Goldwyn de gandaría Rei de Miñotelo, impúxose á subcampiona, Capón Goldwyn Marisa, de gandaría Capón, de Chantada, polo seu mellor ubre e un maior equilibrio e fortaleza.

 VACA ADULTA CAMPIONA
 
REY 454 ROSITA GOLDWYN
REY 454 ROSITA GOLDWYN
 
VACA ADULTA SUBCAMPIONA
 
 CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN MARISA
CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN MARISA - CAPON
 
 
GRAN CAMPIONA DE VACAS 
 
GRAN CAMPIONA
POZOSAA GOLDWYN 9545 SONIA  con Marcelino, Xosé Luis e Giuseppe

O mellor Criador foi a gandaría Pozo, que presentou un lote cuns ubres moi destacados, mentres que o segundo mellor criador foi o presentado por gandaría Rei de Miñotelo, cun grupo moi uniforme. O mellor Rabaño e segundo mellor rabaño, adxudicado por puntos, foi para as mesmas gandarías, na mesma orde.

 
MELLOR CRIADOR
 
 CASA POZO
CASA POZO
 
SEGUNDO MELLOR CRIADOR
 
REI DE MIÑOTELO
REI DE MIÑOTELO
 
 

A mellor gandaría de nova participación foi para SAT A Vereda, unha gandaría de recente formación procedente da fusión de cinco gandarías de Castro de Rei e de A Pastoriza, quedando en segundo lugar a gandaría Carballeiras, de Lalín.

 

CONCURSO DE MANEXADORES

 

O domingo 7 de abril tivo lugar o tradicional Concurso de Xóvenes Manexadores Muimenta 2013, este estivo organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia co xulgamento a cargo de D. Giuseppe Beltramino, xuíz internacional da Asociación de Frisoa de Italia.

O concurso estivo organizado en tres seccións e logo un campionato entre os dous mellor clasificados en cada unha das seccións.

Sección 1ª: Persoas que teñan máis de 21 anos.
 
CONCURSO MANEXADORES
 
MIGUEL EXPOSITO
 
 
 
Miguel Expósito, primeiro da sección
 
 
 
 
 
 
Sección 2ª: Mozos entre os 16 e os 21 anos
 
 CONCURSO MANEXADORES
 
MANEXADORES
 
 
 
 
José Alberto Iglesia, primeiro da sección
 
 
 
 
 
Sección 3ª: Mozos entre os 10 e os 15 inclusive
 
CONCURSO MANEXADORES
 
MANEXADORES
 
 
 
 
Avelino Souto, primeiro da sección
 
 
 
 
 
Sección 4ª: Rapaces menores de 9 anos
 
MANEXADORES
 
Nesta sección o Xuíz considerou que todos debian ser primeiros, a continuación tivo lugar o campionato.
 
MANEXADORES
 
MANEXADORES
 
 
 
 
Miguel Expósito, Campión
 
 
 
 
 
 
 
MANEXADORES
 
 
 
 
                           José Alberto, Subcampión
 
 
 
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético