13 / Enero / 2025
Entre o 20 e 22 de febreiro terá lugar unha nova edición de GanAgro e Cimag, e como de costume os concurso de gando frisón, tanto o Autonómico de Galicia como o Open.
Sen dúbida o mellor escaparate para que os gandeiros galegos ou doutros lugares podan expoñer os seus animais, pois durante estes días todos os criadores de frisón estarán pendentes deste concurso, unha referencia a nivel nacional.
O prazo para inscribir os animais remata o 17 de xaneiro.