GANDAGRO 2019
25 / Febrero / 2019
O día 23 de febreiro no recinto feiral de Silleda tivo lugar o Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA 19 e o Open de Frisón GANDAGRO 19, unha verdadeira exaltación da raza frisoa, que contou con animais de Barcelona, Lleida, Cantabria, Asturias, Portugal e por suposto A Coruña, Lugo e Pontevedra.
O xuíz encargado de valorar os animais foi o italiano D. Giuseppe Beltramino.
Esta edición de Gandagro será recordada polo excepcional espectáculo que tivo lugar na pista do concurso, pois o elevado número de animais así como a calidade dos mesmos convertiu este certame en único.
Da provincia de Lugo participaron tres ganderías, Rei de Miñotelo da Pastoriza, Cid de Barreiros e Casa Pozo de Lugo, todas acadaron varios premios, pero sen dúbida a gran triunfadora da edición foi Rei de Miñotelo coa vaca Rey 747 July High Octane, unha primeiriza realmente extraordinaria que foi capaz de derrotar a pista as excelentes vacas intermedias e adultas presentes no concurso, o que da unha idea do tremendo potencial deste animal.
REY 747 JULY HIGH OCTANE
Esta primeiriza acadou os títulos de Vaca Gran Campiona de Galicia "FEFRIGA 19" e Vaca Gran Campeona Internacional "GANDAGRO 19".
VACA GRAN CAMPIONA GALICIA e OPEN GANDAGRO 2019
Pero o éxito da gandería Rei de Miñotelo neste certame non se limitou a esta excepcional vaca, pois tamén acadou os seguintes campionatos.
REY 833 BEEMER ZYNAL - XATA CAMPIONA DE GALICIA
REY 782 DALIA BEEMER - XOVENCA SUBCAMPIONA DE GALICIA
REY 712 SOSY BEEMER - VACA INTERMEDIA SUBCAMIONA DE GALICIA
Pero tamén temos que destacar aos outros participantes da provincia, pois na gandería Cid de Barreiros viven as mellores vacas adultas de Galicia, sen dúbida un gran mérito conseguir que as vacas cheguen a esa idade en tan boas condicións.
CID DEBUTANTE CHONA - VACA ADULTA CAMPIONA DE GALICIA
CID AFTERSHOK MUESKY - VACA ADULTA SUBCAMPIONA DE GALICIA
Tampouco quedou sen premio Casa Pozo de Lugo, pois súa é a vaca nova subcampiona de Galicia, un animal cun gran futuro.
POZOSAA DEMPSEY 0636 LUBITA - VACA NOVA SUBCAMPIONA DE GALICIA