Exito de participación da gandería CID en Mollerusa
03 / Mayo / 2006
Os días 28 e 29 de abril celebrouse en Mollerusa, Lleida, o Concurso Nacional de Primavera, CONAFE 2006, no que participou a gandería CID, de Barreiros, Lugo, única representante de Galicia nesta edición.
Esta gandería presentou tres animais, obtendo un segundo premio na sección 2 de xatas e dous terceiros premios, nas seccións 10 e 14 de vacas.
Cid Gibson Maria, unha xata de 13 meses, obtivo o segundo premio da sección 2ª. Esta xata foi Xata Campiona no concurso de MOEXMU 06, celebrado a primeiros de abril, en Muimenta.
En vacas, Anibal Champion Aleluya IV, obtivo o terceiro premio da sección 10, vacas de ata 30 meses de idade, sendo a Vaca Nova Campiona do concurso de MOEXMU 06. E Rosalia James, a Vaca Gran Campiona de MOEXMU 06, foi terceira na sección 14, de vacas de 4 anos, sección na que tivo que competir coa que sería a gran campiona do concurso, Llinde Lider Bruna, da gandería SAT Ceceño, de Cantabria.
Felicitacións a gandería CID polos resultados obtidos no concurso.
Fotos cedidas por CONAFE:
Sección 2: Segunda pola dereita, Cid Gibson María |
Sección 10: Terceira pola dereita, Anibal Champion Aleluya IV |
Sección 14: Terceira pola esquerda, Rosalía James |
RESULTANDO GRANDES CAMPIONAS DO CONCURSO:
Llinde Lider Bruna
Gran Campiona Nacional de Vacas |
Badiola Gibson Jany
Gran Campiona Nacional de Xovencas |
Asturias: Mellor Autonomía do Concurso |