AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

DISTINCIÓNS CONAFE

DISTINCIÓNS CONAFE

02 / Diciembre / 2026

Cada ano no mes de setembro, en Xixón, ten lugar o Concurso Nacional da Raza Frisoa, este ano debido as medidas vixentes fronte a dermatose nodular contaxiosa, non foi posible realizar este certame, se ben, a feira de AGROPEC tivo lugar entre o 25 e 27 de setembro, e CONAFE en colaboración con ASCOL, estivo presente na mesma mediante a exposición de material relativo a raza frisoa e a produción de leite e coa organización dunhas xornadas técnicas dirixidas a promocionar a raza frisoa e o traballo dos profesionais relacionados coa gandería.

Ao remate destas xornadas fixose entrega dunhas mencións as mellores ganderías por indices xenéticos, cualificación morfolóxica e produción vitalicia no ano 2025.

Lugo tivo un especial protagonismo nestas mencións, pois máis da metade das ganderías distinguidas son da nosa provincia:

CASA PAULINO
CASA PAULINO - Mellor gandería por IM€T Pasto

 

CASA ARAGUXO
CASA ARAGUXO - Mellor gandería por IM€T Eco

 

MANTOÑO HOLSTEIN
MANTOÑO HOLSTEIN - Mellor gandería por cualificación morfolóxica

 

Tamén foron distinguidas as seguintes ganderías da provincia de Lugo:

  • SAT AGOSTO DARRIBA, Mellor gandería por ICO e por IM€T Leite
  • BAIXO HOLSTEIN, 3ª Mellor gandería por cualificación morfolóxica
  • LA NAVE,  Mellor gandería por produción vitalicia

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

SITUACIÓN SANITARIA


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético