AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Servizos

Control Leiteiro

Control Leiteiro

É a actividade principal desenvolvida pola Asociación, tendo caracter oficial ao ser recoñecida como entidade colaboradora polo Servizo de Producións Gandeiras, dependente da Consellería do Medio Rural, como asociación encargada da realización do Control Leiteiro na provincia de Lugo.

 Os técnicos de campo visitan cada unha das explotacións asociadas unha vez ó mes, durante a realización do muxido, anotando a produción de cada animal, e tomando unha mostra de leite por animal, para enviar ao laboratorio (Ligal) e determinar as porcentaxes de graxa e proteína, así como o reconto de células somáticas. Durante estas visitas tamén recollen información sobre os partos e inseminacións realizadas na explotación, e proceden a dar as altas e baixas dos animais dende a última visita.

Cada visita realízase cun intervalo entre 26 a 33 días dende a visita do mes anterior. No mes de agosto non se controla, por mor das vacacións do persoal.

Toda a información e procesada na aplicación informática Coleweb, onde xéranse informes que poden ser consultados polo gandeiro, como ferramenta de traballo para   realizar unha xestión máis adecuada da súa explotación.

 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad