15 / Abril / 2024
María José Gómez Rodríguez, acaba de ser nomeada Conselleira de Medio Rural, sustituindo no cargo a José González, que cambia esta consellería pola de Emprego, Comercio e Emigración.
María José a pesar da súa xuventude conta cunha alta experiencia de xestión, ocupando ata o seu nomeamento os cargos de Alcaldesa de Guntín e senadora pola provincia de Lugo, anteriormente xa exerceu como xefa de coordinación de Cultura en Lugo e como xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades na nosa provincia.
O seu coñecemento do sector produtor de leite é total, pois seus pais teñen unha gandería na parroquia de Pradedo de Baixo en Guntín, sendo socios de Africor Lugo dende o ano 1994 e ela sempre colaborou activamente nas labores da mesma.
Desexamoslle o mellor nesta nova etapa profesional ao frente dunha Consellería que para Lugo e Galicia e das máis importantes, tanto polo territorio que xestiona como pola importancia que o sector primario ten na maioría dos nosos concellos.