AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

CONCURSO REXIONAL 2008

22 / Noviembre / 2008

CONCURSO DE XATAS E XOVENCAS

Capon September Dixi proclamouse Xovenca Gran campiona de Galicia no Concurso Rexional celebrado en Silleda.

CAPON SEPTEMBER DIXI
                                            CAPON SEPTEMBER DIXI

Despois de quedar como Xovenca Subcampiona no Concurso de Chantada, o xuiz italiano, Guiseppe Quaini, a elixiu como mellor xovenca do Concurso.

A xata campioa foi Pozo Lheros Milka

 POZO LHEROS MILKA
                                                    POZO LHEROS MILKA

As ganderías de Lugo coparon os primeiros postos das seccións de xatas e xovencas, con seis primeiros de sección das sete seccións do concurso, repartíndose os premios entre as ganderías Capón, Pozo, Sandamil e Rei de Miñotelo.

SANDAMIL M.S. DECKER MELANY
SANDAMIL M.S. DECKER MELANY
SANDAMIL EMPIRE FOGATA
SANDAMIL EMPIRE FOGATA

Lugo presenta 55 animais a concurso, procedentes de 11 ganderías:

GANDERIA
CONCELLO
CAPON
CHANTADA
CAVADAS
XERMADE
FONTESTRIZ
CHANTADA
LINA
TRABADA
MOREIRA
CHANTADA
NODI
BARREIROS
PERNAS
XERMADE
PORTALOUSA
XERMADE
POZO
LUGO
REI DE MIÑOTELO
A PASTORIZA
SANDAMIL
CASTRO DE REI

 
CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN CAROL
CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN CAROL
REY 435 DIANA IGNITER
REY 435 DIANA IGNITER

RESULTADOS  COMPLETOS

 
 
CONCURSO DE VACAS
 
 

 MÁIS FOTOS

AGRORTEGAL GALLETERA JUROR revalida por terceiro ano o título de Mellor Vaca de Galicia.

 AGRORTEGAL GALLETERA JUROR

Esta vaca propiedade de Gandería Caxigueira, de Ortigueira, A Coruña, con dez anos de idade e sete partos, obtivo o título de mellor vaca do concurso ao igual que o fixera nos anos 2004 e 2005.

VISTA CAMPIONATO

Así mesmo, a Gandería Caxigueira obtivo o título de Mellor Criador, por diante de Gandería Nodi, de Barreiros, que foi o Segundo Mellor Criador.
 
MELLOR CRIADOR
LOTE GANDERIA CAXIGUEIRA
2 MELLOR CRIADOR
LOTE GANDERIA NODI
 
 A Gandería Blanco, de Lalín, colocou tres vacas como primeiras de sección, salientando unha espectacular Alizee Champion, Vaca Nova Campiona, cun ubre e unha estructura impresionante para unha primeriza. Na primeira sección de primerizas destacou Bos Blanco Shottle Agria, unha irmá completa do touro de Xenética Fontao Bos Lodos Shottle Nadal, fillos de Bos Igniter Agria.
En intermedias, Ugibsa Gibson, foi a mellor da súa sección de vacas de catro anos.
 
ALIZEEE CHAMPION
ALIZEE CHAMPION 6370
 
Outra adulta que tamén destacou foi Rey Borja Lheros, unha vaca de terceiro parto cualificada excelente, cun moi bo sistema mamario e estrutura, á vez que cun moi bo caracter leiteiro. Foi Vaca Adulta Subcampiona.
 
REY 365 BORJA LHEROS
REY 365 BORJA LHEROS
 
Gandería Pozo, de Lugo, colocou dúas vacas como as mellores intermedias de tres anos, salientando a Pozo Allen Mimosa, que ao contrario que no Concurso de Chantada, quedou por diante da Gibson de Blanco, acadando o título de Vaca Intermedia Campiona. Así mesmo foi designada como Mención de Honra. 
 
POZO ALLEN 5275 MIMOSA
POZO ALLEN MIMOSA
 
POZO GOLDWYN SARA
POZO GOLDWYN SARA
 
 
 
 
 
CONCURSO DE MANEXADORES
 
 
 

 As actividades do domingo comenzaron cunha demostración de pelado organizada polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, preparación animais de concursoonde os asistentes puideron observar as habilidades destes xóvenes gandeiros na preparación dos animais, xa que entre os encargados de realizar esta demostración estaba Bonet Cid, que o venres resultou gañador no I Concurso de Pelado - Semana Verde.

 

Durante esta demostración realizaron a preparación dunha xata por un costado, deixando o outro sen pelar, de forma que os asistentes puideron observar como cambia a imaxe do animal unha vez preparado, logo na pista explicaron os asistentes o traballo feito e as características que debemos intentar resaltar a hora de preparar un animal.

 
A continuación deu comenzo o Concurso de Xóvenes Manexadores: "Memorial Luís Louzao"
 
concurso de manexadores
 
O xulgamento deste concurso estivo a cargo do xuiz italiano, Guiseppe Quaini que xa xulgou o concurso de gando estos días.
 
O concurso comenzou coa sección de 17 a 25 anos:
 
Nesta sección resultou gañador Diego Cando, da gandería Cando e Santos da Pastoriza.
 
concurso de xovenes manexadores
 
 
Sección de 15 a 17 anos.
 
Nesta sección a gañadora foi Águeda Capón, da gandería Capón de Chantada.
 
  CONCURSO DE MANEXADORES
 
Sección de 10 a 15 anos.
 
concurso manexadores
 
Sección ata 10 anos:
 
concurso de xóvenes manexadores
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético