03 / Octubre / 2011
Entre os días 29 de setembro e 2 de outubro tivo lugar no recinto feiral "Luis Adaro" de Xixón a celebración da 32ª edición do Concurso Nacional da Raza Frisoa, a meirande festa de exaltación da raza en España. Un ano máis, Galicia estivo presente neste evento, coa participación de Casa Pozo, de Lugo, Gandería Cid, de Barreiros, cada unha con tres animais e Xenética Fontao, que asistiu cun lote de seis animais, procedentes de cinco ganderías de Lug Teixeiro, Nodi, Valiños, Sandamil e Lina, xunto coa gandería Cesares (A Coruña).
Sen dúbida a gran triunfadora galega nesta ocasión foi Casa Pozo de Lugo, coa xovenca POZOSAA JASPER PAULA, unha xovenca de dous anos de idade, que foi a Xovenca Gran Campioa de Galicia 2011. Neste concurso realizou a súa última participación antes do seu primeiro parto, previsto para finais deste mes de outubro, acadando o título de Xovenca Subcampioa Nacional, logo de ser primeira da súa sección.
POZOSAA JASPER PAULA
Sección de xovencas de 23 a 26 meses con POZOSAA JASPER PAULA de 1ª
Casa Pozo tamén levou ata Xixón unha xata dun ano, POZOSAA SPIRTE 0377 SUSI, que participou na segunda sección e acadou un meritorio cuarto posto.
POZOSAA SPIRTE 0377 SUSI
A participación de Casa Pozo completouse cunha primeiriza que participou na sección 10 Vacas en Lactación ata 30 meses de idade.
POZOSSA GOLDWYN 6821 RULA atentamente observada polo Xuíz
A Gandería Cid de Barreiros tamén tivo unha salientable actuación neste Concurso Nacional, participando con tres xatas, colocando dúas entre as cinco primeiras.
Unha delas foi CID DANCER LELUYA, unha xata que obtivo o Subcampionato de xatas en MOEXMU 2011.
CID DANCER LELUYA
Outra das xatas coa que participou Gandería Cid foi BOS GOLDWYN MONALISA, procedente da UTE de BOS, adquirida na poxa do pasado día 9 de setembro.
BOS GOLDWYN MONALISA
CID SPIRTE ORFA
Os animais que formaron o grupo de Xenética Fontao foron os seguintes:
NODI XACOBEO PENELOPE - NODI
LINA XACOBEO PAULA - LINA
VALIÑOS LAUTAMIC GURDIOLA - SAT VALIÑOS
TEIXEIRO LAUTAMIC GALLETA - SAT TEIXEIRO
SANDAMIL MS MEGAMAGIC - SAT SANDAMIL
CESARES BOEZA DANCER - CESARES HOLSTEIN (A Coruña)
A que acadou unha mellor posición foi Cesares Boeza Dancer, que resultou segunda na sección de Vaca Nova en Lactación de menos de 30 meses.
Grazas a Xenética Fontao, Gandería Cid e Gandería Pozo, Galicia estivo presente unha vez máis no Concurso Nacional da Raza Frisoa.
Salientar tamén o traballo desenvolvido polos manexadores lucenses, como foi o caso de José Alberto Iglesia, da gandería SAT Rei de Miñotelo, que foi proclamado Segundo Mellor Manexador Senior no XI Campionato Nacional de Manexadores.
Alberto recibe o premio do presidente de Conafe
O premio ao mellor animal novo de España, e dicir, a Gran Campiona de Xovencas foi FLORA KNOWLEDGE INES da gandería Casa Flora de Asturias.
FLORA KNOWLEDGE INES
Nas vacas en lactación a Gran Campioa Nacional foi PACHO GOLDWYN TELVA da Gandería Badiola de Asturias en coopropiedade con Ganderia Pacho.
PACHO GOLDWYN TELVA
Ademáis con motivo deste Concurso tivo lugar a entrega do premios os mellores animais segundo a avaliación xenética de xuño 2011, sendo os premiados da provincia de Lugo sos seguintes:
Entrega do premio a CASA DE BAIXO
Entrega do premio a NOVO CASTRO
Dentro das actividades que rodearon este Concurso Nacional da Raza Frisoa tamén tivo lugar unha nova edición da poxa de animais cun alto valor xenético, nesta ocasión a oferta foi de 7 animais, tres deles procedentes da UTE de Bos, entre eles Bos Planet Leona ET que acadou o precio máximo da poxa cun valor de 10.400€.
BOS PLANET LEONA ET