21 / Agosto / 2024
Entre o 26 e 29 de setembro terá lugar unha nova edición do Concurso Nacional da Raza Frisoa. Un ano máis, en Xixón, reuniranse os mellores exemplares da raza de todo o pais, sen dúbida, un escaparate inmellorable para mostrar os animais e promocionar as ganderías.
Como é habitual neste tipo de eventos, os animais deben cumprir uns estritos requisitos sanitarios, así, no caso de estar interesado en acudir con algún animal, debes poñerte en contacto con Africor antes do 26 de agosto, pois logo, os servizos sanitarios oficiais teñen que realizar as análises correspondentes.