30 / Septiembre / 2024
Triunfo da gandería Rei de Miñotelo no 44 Concurso Nacional da Raza Frisoa celebrado en Xixón o 28 de setembro, un concurso cun elevado número de animais participantes e un gran nivel, que mostra a forza e importancia da raza frisoa en España.
Pola maña tiveron lugar as seccións de xatas e xovencas, onde os animais presentados por Rei de Miñotelo destacaron en todas as seccións, así no momento de elixir a Gran Campiona, entre os cinco exemplares seleccionados polo xuíz, o italiano Giuseppe Beltramino, tres pertencían a Rei de Miñotelo resultado Campioa Nacional REY 1273 HAXL BAMBI e Mención de Honra REY 1246 DANI BRAHINA, ademais tamén se alzou cos títulos de Mellor Rabaño e Mellor Criador Nacional de Xatas e Xovencas.
Destacada actuación da gandería Casa Pozo que a pesar de acudir con un so exemplar, acadou un meritorio segundo posto na sección de xovencas de 15 a 17 meses.
Xa pola tarde chegou a hora das vacas en lactación, onde Rei de Miñotelo volveu destacar pois REY 1066 CHIEF BRUNA, logo de proclamarse Vaca Intermedia Campioa Nacional resultou Subcampioa Nacional, tan so por detrás de Llinde Ariel Jordan da gandería Ceceño de Cantabria que volveu ser a Gran Campioa Nacional con 13 anos e por quinta vez, sen dúbida un logro que parece imposible de superar.
Tamén destacou a gandería Cid de Barreiros, a pesar de acudir cun único exemplar, FERREIRO ROCIO JORDY RED ROJA copropiedade con gandería Eloy, Santiago Filgueiras, Quin Serrabasa e Agriber, acadou o premio de Vaca Roxa Subcampioa Nacional.