27 / Septiembre / 2023
O pasado 23 de setembro en Xixón tivo lugar o 43 Concurso Nacional CONAFE 2023, alí se reuniron 159 frisoas procedentes de 52 ganderías de todo o estado. O xuíz encargado do mesmo foi D. Paulino Badiola, da gandería Badiola de Asturias.
Un ano máis Lugo volveu destacar, pois a pesar de acudir soamente dúas ganderías con animais ao concurso, Rei de Miñotelo acadou o título de Mejor Rebaño Nacional de Ternera y Novillas así como o de Mejor Criador de Ternera y Novillas, uns premios especialmente valiosos porque recoñecen o grupo de animais presentados.
Pero non solo destacou con animais novos, pois REY 814 BEEMER YURI acadou o título de Mención de Honor do Concurso, todo un mérito para esta vaca de 6 anos que está nun dos seus mellores momentos.
A ganderíaCid de Barreiros acadou os títulos de Vaca Campeona Nacional Roja y Vaca Intermedia Campeona con FERREIRO ROCIO JORDY RED ROJA, unha vaca copropiedade con G. Eloy, Santiago Filgueiras, Quin Serrabasa e Agriber que conquistou ao xuíz dende o primeiro momento.
Pero a presencia de Lugo non acabou co concurso, pois dende CONAFE quixeron facer unha sección de recoñecemento para mostrar en pista algúns dos animais máis salientables da raza, animais cunha morfoloxía destacada e moito leite producido, nesta sección Lugo volveu destacar pois dende a nosa provincia chegaron tres dos cinco animais presentados.
NOVOA GERARD ROCIO - Novoa | |
|
|
|
POZOSAA ATWOOD 7128 TAMARA - Casa Pozo | |
|
CID SHOPPING MAIKA - Casa Cid |
|
|