AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

CONCURSO DE CRIADORES SARRIA 2010

08 / Mayo / 2010

 

Enlace galeria de fotos

 

Participaron un total de 15 gandarías, das que seis eran da comarca de Sarria, presentando un total de 44 animais. O xuíz foi o asturiano D. Conrado González Antón.

CONCURSO DE CRIADORES SARRIA

Neste concurso participan gandarías da provincia, co requisito de que os animais presentados son nacidos nas explotacións que os presentan ou ben procedentes dun Centro de recría. Contou con sete seccións nas que participaron animais de ata 26 meses de idade.

A comarca de Sarria engloba os concellos de O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela, cun censo total de 284 gandarías en Control Leiteiro, o 13% do total da provincia.

O fomento da recría reflíctese nesta comarca a través do Centro de recría "Castragude", xestionado pola Cooperativa COGASAR, entidade patrocinadora do Premio á Xovenca campioa.

SAN ISIDRO LABRADOR

A gandaría Callobro, de Trabada, foi a que conseguiu o premio ao mellor animal do concurso, con Callobro Xacobeo Valdeteja, unha xata que xa resultou campioa no concurso de Moexmu, celebrado en abril. Esta xata destaca por ser un animal moi balanceado, con boa capacidade e unha boa grupa.

CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA  CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ

A xovenca campioa do concurso foi Rei Galleta Dolman, presentada pola gandaría Rei de Miñotelo, de A pastoriza, un animal con moito caracter leiteiro, destacando pola súa costela profunda e arqueada.

REI 471 GALLETA DOLMAN   REI 471 GALLETA DOLMAN

A mellor xovenca da comarca, foi Novelle September Nepal, de gandaría Novelle, de Paradela, que ademáis foi a xovenca subcampioa do concurso.

NOVELLE SEPTEMBER NEPAL    NOVELLE SEPTEMBER NEPAL

A xata subcampioa do concurso foi Cancela Goldwyn Kira, da gandaria Cancela de Sarria.

CANCELA GOLDWYN KIRA   CANCELA GOLDWYN KIRA

 

MELLOR CRIADOR  ELECCIÓN MELLOR CRIADOR

O lote presentado pola gandaría Rei de Miñotelo, de A Pastoriza, foi elixido para Mellor Criador do Concurso, quedando en segundo lugar a gandaría Novelle, de Paradela.

LOTE REI DE MIÑOTELO   GANDARIA REI DE MIÑOTELO

A mellor gandaría da comarca de Sarria foi a gandaría Novelle, de Paradela, quedando en segundo lugar a gandaría Vilar de Susao, de Sarria.

GANDARIA NOVELLE  GANDARIA NOVELLE

 

VILAR DE SUSAO  GANDARIA VILAR DE SUSAO

 

RESULTADOS

 
 CONCURSO MANEXADORES
 
 
Este Concurso estivo organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia .
 
O concurso estivo organizado en seccións en función da idade dos participantes.
 
 
CONCURSO DE MANEXADORES
 
Sección 1: Rapaces menores de 9 anos
 
Todos resultaron primeiros de sección.
 
SECCION ATA 9 ANOS
 
 
 
 
Sección 2: Mozos entre 10 e 15 anos
 
POSTO MANEXADOR GANDERIA

ESTEBAN IGLESIA VILA REY DE MIÑOTELO - A PASTORIZA

JHONY FERNANDEZ LAMAS CASA POZO - LUGO
 
 CONCURSO MANEXADORES
 
 
 
Sección 3: Mozos entre 16 e 21 anos
 
POSTO MANEXADOR GANDERIA

JOSE ALBERTO IGLESIA VILA REY DE MIÑOTELO -A PASTORIZA

MIEGUEL EXPOSITO RODRIGUEZ LA RINCONADA - CANTABRIA

DIEGO CANDO SANTOS CANDO E SANTOS - A PASTORIZA
 
 CONCURSO MANEXADORES
 
 
Sección 4: Mozos con máis de 21 anos
POSTO MANEXADOR GANDERIA

RUBEN CANDO SANTOS CANDO SANTOS - A PASTORIZA

ALBA ALVAREZ NUÑEZ SILVELA - ASTURIAS

PATRICIA LOPEZ LOPEZ SAT PROLESA - SARRIA
 
MANEXADORES 
 
 
Para rematar este concurso de manexadores tivo lugar un campionato entre os dous primeiros clasificados das seccións 2, 3 e 4 resultando como mellor manexador do concurso JOSE ALBERTO IGLESIA .
 
JOSE ALBERTO IGLESIA
Conrado González e José Alberto Iglesia
 
 
CONCURSO MANEXADORES
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético