AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

CAMPIÓNS  YOUNG BREEDERS SCHOOL

CAMPIÓNS YOUNG BREEDERS SCHOOL

03 / Septiembre / 2024

O luns 2 de setembro compañeiros e amigos achegáronse ao aeroporto da Coruña para recibir aos novos campións da Young Breeders School, celebrada en Battic, Bélgica.

Young Breedes Shool

Esta escola de novos criadores é a máis prestixiosa a nivel europeo e nela participaron 180 rapaces de 28 países, o que nos da unha idea do logro que acaban de acadar estes rapaces galegos. Este equipo do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia acudiu ao certame co apoio da Federación Frisona Galega e da Cooperativa Clun, que fixeron posible o soño destes rapaces, acudir a unha cita desta importancia e poder compartir a súa paixón con rapaces doutros países e culturas pero coa mesma ilusión polos animais.

Este equipo está formado por María e Andrea Otero, da granxa Fontixón (Castro de Rei, Lugo); Lorena Iglesia, de SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo); Alba López, da Gandería Quintián (O Páramo, Lugo); Simón Blanco, da Gandería Queiruguera (Val do Dubra, A Coruña); e Xabier Montes, de Casa do Rei (Rodeiro, Pontevedra) coa dirección de Javier Álvarez Lastra.

Campions Brusela
María, Lorena, Simón, Andrea, Alba e Xabier

Os participantes tiveron que preparar un grupo de animais para participar nun concurso, se ben, para acadar este premio tiveron que pasar probas de xulgamento, manexo, preparación, marketing e alimentación dirixidas a obter o máximo rendemento do animal e conseguir que este mostre todo o seu potencial.

Non é casualidade o resultado destes rapaces, pois en Galicia ademais de haber moitas vacas, hai moitos rapaces aos que lles gustan os concursos e grazas á labor de Fefriga e o Clube de Xóvenes Gandeiros, están a realizarse escolas de formación, para que os rapaces aos que lles gustan os animais e os concursos poidan aprender máis sobre os mesmos, pero tamén para que coñezan outros rapaces coas mesmas inquedanzas e desfruten duns días de convivencia, aprendendo sobre vacas e sobre o mundo dos concursos.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

GandAgro 2025


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético