27 / Mayo / 2026
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Asociación Frisona de Lugo para o Control de Rendementos
Por acordo da Xunta de Goberno desta Asociación, segundo o establecido nos artigos 28, 29 e 30 dos estatutos de AFRICOR-LUGO, convócase a todos os socios á Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar o vindeiro día 29 de xuño, luns, no Hotel Torre de Nuñez, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do Día:
1º Informe do Presidente.
2º Explicación do Balance, Conta de Resultados e Memoria do exercicio 2025 e a súa aprobación se procede.
3º Distribución de resultados á Conta de Reservas.
4º Presentación do presuposto de ingresos e gastos para o ano 2026
5º Exame da xestión social da Xunta de Goberno.
6º Asuntos internos.
7º Rogos e Preguntas.
8º Lectura da acta da reunión e a súa aprobación se procede.
Rógase confirmación de asistencia.
En Lugo, a 27 de maio de 2026
Manuel Sandamil Cabana
Presidente de AFRICOR-LUGO
