Orde do 26 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e se convocan para o ano 2010.
Adquisición, construción ou mellora de equipamentos, recollidos no anexo VIII
Non serán subvencionables ao abeiro desta orde a compra de máquinas de uso xeneralizados, tractores, motocultores, remolques, equipos tradicionais de laboreo ou colleitadoras convencionais de cereais. Tampouco se subvencionarán almacéns polivalentes e no caso de instalacións de rega, soamente se concederán axudas para mellorar instalacións existentes cando se incorporen equipamentos de automatización e fertirrigación.
Esta axudas buscan fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos e facelo promovendo o seu uso en réxime asociativo de forma que permita racionalizar os custos.
De forma xeral a intensidade da axudas será do 35% do investimento en zona ordinaria e 45% en zona desfavorecida.
CONVOCATORIA 2010
O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de xullo de 2010.