Publicadas as Ordes reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril e o lobo.
Orde do 28 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2019.
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen dende o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.
A comunicación do dano a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda debe realizarse nas 24 horas seguintes ao ataque, mediante unha chamada ao teléfono 012. A partir do 1 de outubro de 2019 a comunicación dos danos deberá ser igual, aínda que a axuda queda condicionada a unha nova convocatoria no ano seguinte.
O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais para os danos comunicados antes da entrada en vigor desta orde, e de 45 días naturais dende o día seguinte a comunicación para os danos comunicados dende a entrada en vigor da orde.
Orde do 7 de decembro de 2018 pola que se establecen bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2019.
A comunicación do dano a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Viventa debe realizarse nas 72 horas seguintes á producción do dano, mediante unha chamada ao teléfono 012.
A solicitude de axuda será presentada no prazo dun mes dende a comunicación do dano.