Esta orde ten por obxecto establecer unha liña de axudas destinada a compensar os danos ocasionados polos ataques do lobo sobre as especies animais que se detallan no anexo I.
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen dende o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.
A comunicación do dano a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio debe realizarse nas 24 horas seguintes ao ataque, mediante unha chamada ao teléfono 012. A partir do 1 de outubro de 2016 a comunicación dos danos deberá ser igual, aínda que a axuda queda condicionada a unha nova convocatoria no ano seguinte.
O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais para os danos comunicados antes da entrada en vigor desta orde, e de 45 días naturais dende o día seguinte a comunicación para os danos comunicados dende a entrada en vigor da orde.