AXUDAS COMPLEMENTARIAS SACRIFIO OBRIGATORIO
24 / Febrero / 2015
Orde do 26 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, e axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrifico obrigatorio de gando en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermedades dos animais, e se convocan para o ano 2014.
Esta orde ten dúas liñas de axuda:
- Axudas de compensación complementarias por lucro cesante
- Axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún para a reposición
Axudas de compensación complementarias por lucro cesante
Estas axudas serán determinadas en función das marxes brutas establecidas para cada actividade nos anexos desta orde, distinguindo dous períodos, o tempo de baleiro ou corentena e os tres meses posteriores ao baleiro, e dicir a data de autorización da reintrodución de animais na explotación.
Axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún para a reposición
A contía máxima de axuda por animal adquirido da especie bovina é de 1.400 euros, se ben esta pode incrementarse nun 10% se a explotación pertencía a una ADSG na data de sacrificio dos animais.
Ademáis se a explotación pertence a Control leiteiro, poderase concederse unha contía adicional nun importe por animal igual ao resultado de multiplicar 0,15 euros polos quilos de leite resultantes de aplicar a diferenza entre o rendemento leiteiro medio de, polo menos, o 60% da femias da explotación con maior rendemento e a cantidade de 6.700 quilos.
Exemplo para unha explotación cunha media de 8.700 quilos, suporía uns 300 € a maiores por animal.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro de 2015.