AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS ASESORAMENTO, XESTION E SUBSTITUCIÓNS

29 / Diciembre / 2010

Orde do 22 de decembro de 2010 pola que se establecen as axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011.

Estas axudas van destinadas a posta en marcha de servizos de asesoramento por parte de entidades privadas sen ánimo de lucro ou cooperativas, excepto ADSG, Atria e ADF.
 
A implantación de servizos de xestión poderá ser realizada por cooperativas ou entidades asociativas dos sector agrario, que teñan a autorización previa do organismo competente da Consellería do Medio Rural para exercer esa actividade.
 
Poderán beneficiarse das axudas a implantación de servizos de substitución as cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario que implanten este servizo entre os seus asociados, así como as empresas que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde.
 
Os gastos subvencionables, no caso dos servizos de asesoramento e/ou xestión serán os bens inventariables e a contratación de persoal, no caso dos servizos de substitución o único gasto subvencionable será o custo salarial derivado da contratación do persoal.
 
En todo os casos as axudas poderán ter unha duración máxima de cinco anos, durante os cales a intensidade da axuda irá decrecendo.
 
 
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 3 ao 31 de xaneiro de 2011, ambos incluídos.
 
 
 
 
 
 Enlace TVG O AGRO 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad