AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS AGRARIAS POR SOBRECOSTES ENERXETICOS

29 / Octubre / 2026

RESOLUCIÓN de 27 de octubre de 2026 por la que se establece el procedimiento para la concesión de una ayuda financiera directa de emergencia destinada a las personas agricultoras afectadas por el sobrecoste de los fertilizantes y de la energía como consecuencia de la crisis en Oriente Próximo, al amparo del Reglamento de ejecución (UE) 2026/1894 de la Comisión, de 27 de julio de 2026 (código de procedimiento MR243A).

Esta resolución ten como obxecto compensar parcialmente as perdas económicas polo incremento dos prezos de fertilizantes e gasóleo agrícola desde o 1 de marzo de 2026.


Beneficiarios:

Persoas físicas, xurídicas e entidades sen personalidade xurídica titulares duna explotación en Galicia que presentasen a solicitude única da PAC na campaña 2026. Exíxese estar dado de alta no RETA/SETA e que polo menos o 25 % dos ingresos totais do período impositivo 2025 procedan da actividade agraria (con excepcións para novas incorporacións e certas entidades asociativas como cooperativas ou titularidades compartidas).


Cuantías da axuda:

Fertilizantes: 55,32 €/ha para superficie de secano e 145,51 €/ha para superficie de regadío (exclúense pastos temporais e permanentes).
Gasóleo agrícola: 12,00 €/ha.
Límites: Establece un contía mínima de 100,00 € (non se concederán contías inferiores) e un límite máximo de 6.010,00 € por persoa beneficiaria.

Prazos 

Presentación da aceptación da axuda: 10 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Prazo de resolución: O prazo máximo para resolver e notificar é de 2 meses desde o día seguinte á publicación no DOG (se transcorre sen resolución expresa, enténdese desestimada).

 

Accións a Realizar polos Beneficiarios

1. Consultar a relación provisional: Revisar a inclusión na lista provisional de beneficiarios e importes asignados, publicada na páxina web do Fogga. Listado provisional de beneficiarios

 

2. Presentar a comunicación de aceptación (Anexo I):

Debe tramitarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario MR243A na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), empregando certificado dixital ou o sistema Chave365.
No formulario deberase confirmar o importe aceptado para cada concepto (fertilizantes e/ou gasóleo) e declarar se se solicitaron ou percibiron outras axudas para compensar os mesmos costes.

 

Resolución

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

SITUACIÓN SANITARIA


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético