AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS ADSG

01 / Febrero / 2019

Orde do 27 de decembro de 2018  pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2019-2020.

Os programas de planificación zoosanitaria levados a cabo polas agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) están dirixidos a mellorar o estado sanitario das explotacións incluídas nelas e permiten incrementar a rendibilidade das explotacións, diminuíndo as perdas ocasionadas por motivos sanitarios, ademais de facilitar o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal.

O obxectivo é estimular a integración de gandeiros nas ADSG que realizan prevención e control de enfermidades animais e melloran as condicións hixiénicas das explotacións e do benestar animal, elevando o nivel produtivo e sanitario das explotacións e contribuindo a acadar un mellor status sanitario para o gando galego.

 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de marzo de 2019.
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad