12 / Abril / 2013
Orde do 3 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, e se convocan para o ano 2013. Esta orde permite aos titulares de préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación de persoas mozas á actividade agraria, concedidos en base ás convocatorias desde o ano 2007 ata o ano 2011, ambos inclusive, negociar co banco un ano de carencia na amortización destes préstamos. Durante este ano o prestameiro no deberá aboar nin o principal nin os xuros correspondentes ao capital pendente de amortizar, aboando estes a Consellería do Medio Rural e do Mar, unha vez pasado o ano as obrigas do prestameiro reiniciaranse no termos establecidos anteriormente. A solicitude de subvención presentarase no mesmo documento en que se solicite a carencia, na entidade financeira en que se formalizou o préstamo. O prazo de presentación das solicitude será de dous meses dende a publicación da orde.
ORDE |