27 / Abril / 2012
ORDE do 23 de abril de 2012 pola que se regulan e convocan as subvencións para axudar a cubrir as necesidades de liquidez das explotacións agrarias como consecuencia da seca.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas de minimis, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a axudar a cubrir as necesidades de liquidez das explotacións agrarias como consecuencia da seca mediante a bonificación de xuros dos préstamos qeu subscriban as persoas titulares de explotacións agrarias.
Poderán solitar estas axudas os titulares de explotacións agrarias que teñan realizada a solicitude de pagamento único (RPU) correspondente ao ano 2012.
Esta axuda consiste nunha bonificación de 3,25 puntos dos xuros dos préstamos que o beneficiario subscriba, sendo o importe máximo destes préstamos o 90 por cento da cantidade solicitada na axuda do réxime de pagamento único.
O prazo para facer esta solicitude remata o 30 de xuño de 2012.
ORDE