AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

29º CONCURSO NACIONAL CONAFE 2007

01 / Octubre / 2007

 Os días 29 e 30 de setembro tivo lugar o 29º Concurso Nacional CONAFE 2007 da Raza Frisona. Celebrouse na Feira Internacional de Mostras de Xixón sendo o encargado do xulgamento D. Santiago García Souto, Xuíz Nacional de CONAFE.

               
  Un ano máis puidemos comprobar o bo estado de forma da gandería galega, con varios animais entre os primeiros de cada sección, pero o meirande éxito desta participación foi a consecución do premio á VACA GRAN CAMPIONA , un recoñecemento que por primeira vez na historia do Concurso Nacional e acadado por unha vaca de Galicia, poñendo así un broche de ouro a participación galega neste Concurso.
 
 
vaca campeona nacional
     ROSALIA JAMES Vaca Gran Campeona Nacional CONAFE 2007                 
 
 Este título acadado pola vaca da gandería CID é un premio ao traballo que esta gandería ben realizando dende vai anos, participando tanto en concursos rexionais como nacionais e sempre con boas actuacións. Neste mesmo nacional a vaca ANIBAL CHAMPION ALELUYA IV, propiedade de gandería Cid quedou colocada terceira na súa sección.
 
ANIBAL CHAMPION ALELUYA
ANIBAL CHAMPION ALELUYA IV
 
Pero tamén temos que salientar un ano máis os resultados colleitados por gandería POZO, cunha primeiriza chamada POZO AARON 8668 MORITA, que logo de acadar varios premios de xovenca agora segue a destacar entre os animais en lactación quedando terceira da súa sección.
 
POZO AARON MORITA
                                            POZO AARON 8668 MORITA
 
Dende Galicia asistiron un total de 21 animais dos cales 16 pertencen a ganderías da provincia de Lugo, e o resto a ganderías de A Coruña e Pontevedra.
 
Os animais participantes de Lugo forón os seguintes:
 
Nome animal Sección Gandería Concello
Rey 365 Borja Lheros

13

REI DE MIÑOTELO A Pastoriza
Gaigo Gamesa Picolo

10

GAIGO Meira
Outeiro Lheros Bambi

11

OUTEIRO Chantada
Cid Gibson Forxa
Agrortegal Ara Goldwyn
(coprop: Sindicato Bad Boys)
Anibal Champion Aleluya IV
Rosalia James
1
2
 
12
15
CID Barreiros
Nodi Dante Gisela

14

NODI Barreiros
Pinta Ulloa

13

GRANJA ULLOA Monterroso
Capón Cebola Igniter

12

CAPON Chantada
Cabana Bisbal 400

12

CABANA A Pastoriza
Romualdo Tonecha Elegant

11

ROMUALDO A Pastoriza
Pozosaa Goldwyn Sara
Ganadpozo Champ. Madia 9174
Pozo Aaron 8668 Morita
Pozo Lee 4760
2
5
9
14
POZO Lugo
 
ROY CAPON
 
    CAMPIONATO DE MANEXADORES
 
Os manexadores de Lugo tamén tiveron unha gran actuación no Campionato Nacional de Manexadores, salientando a actuación de Iván Cid da gandería Cid que foi elexido como o mellor manexador adulto, namentras que Roy Capón, de gandería Capón foi terceiro dentro da categoría de novos manexadores.
 
 
 
                                                                                                    ROY CAPON
 
 
 
IVAN CID
                                   MELLOR MANEXADOR: IVAN CID
 
 

CRÓNICA DO CONCURSO (facilitada por CONAFE)

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético